Memoria da noite (Version 2011) ( 128kbps )
[01:48.93] Madrugada, o porto adormeceu, amor,
[01:54.65] a lúa abanea sobre as ondas
[01:59.40] piso espellos antes de que saia o sol
[02:05.67] na noite gardei a túa memoria.
[02:10.40] Perderei outra vez a vida
[02:15.91] cando rompa a luz nos cons,
[02:21.40] perderei o día que aprendín a bicar
[02:27.18] palabras dos teus ollos sobre o mar,
[02:32.40] perderei o día que aprendín a bicar
[02:38.40] palabras dos teus ollos sobre o mar.
[03:05.40] Veu o loito antes de vir o rumor,
[03:10.65] levouno a marea baixo a sombra.
[03:15.90] Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
[03:21.90] as redes baleiras, sen gaivotas.
[03:26.91] E dirán, contarán mentiras
[03:32.15] para ofrecerllas ao Patrón:
[03:37.65] quererán pechar cunhas moedas, quizais,
[03:43.68] os teus ollos abertos sobre o mar,
[03:48.67] quererán pechar cunhas moedas, quizais,
[03:54.65] os teus ollos abertos sobre o mar.
[04:10.65] Madrugada, o porto despertou, amor,
[04:16.18] o reloxo do bar quedou varado
[04:21.19] na costeira muda da desolación.
[04:26.90] Non imos esquecer, nin perdoalo.
[04:32.15] Volverei, volverei á vida
[04:37.67] cando rompa a luz nos cons
[04:43.15] porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
[04:48.95] non nos afundiremos nunca máis
[04:54.17] que na túa memoria xa non hai volta atrás:
[05:00.15] non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
